Axudas e Subvencións

Bono 50 € Material Escolar

No Diario Oficial de Galicia do día 14 de outubro de 2022 está previsto que se publique a Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa
da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022. Nesta resolución establécese que os beneficiarios do
vale para adquirir material escolar por importe de 50€ recibirán un vale adicional de 25€. Así mesmo, o alumnado que se incorpore a un centro
docente sostido con fondos públicos ao longo do curso escolar e ata o 31 de marzo de 2023, que perciba a axuda para adquirir material escolar da Orde
do 29 de abril de 2022, tamén percibirá esta ampliación. A resolución dispón que as familias poden recoller o vale de 25€ nos centros docentes a
partir do día seguinte (hábil) ao da publicación no DOG.