AS NOVAS FORMAS DE VIOLENCIA
Onte xoves 27 de abril iniciamos no Ceipp San Benito de Lérez 2 talleres dirixidos ao alumnado de 5º e 6º de primaria, sobre as novas formas de violencia e a ciberseguridade. Estes talleres teñen a finalidade de dar a coñecer ao alumnado os riscos aos que se poden expoñer na utilización das redes sociais en internet, así como ensinarlles a detectar situacións de abuso, dotándoos/as de coñecementos que serven como ferramenta para protexer a propia identidade.
Serán nas horas lectivas do centro, cunha duración por taller de 100 minutos, a cargo de Paula F. Rodríguez, psicóloga xeral sanitaria, experta en cyberbulling, trastornos de conducta, aprendizaxe e Tdah, a través da empresa pontevedresa Anias, Formación e Xestión Sociocultural.
O primer taller realizado onte, estivo centrado nas novas de violencia (catfishing, stalking, doxing, sextorsion, grooming), qué o que pode pasar, qué é delito, claves para protexer os dispositivos, consellos para saber qué compartir e cómo a través de internet. Como manifestaba a psicóloga: “a ciberseguridade cobra sentido se coñecemos os riscos e que é un delito”.
O segundo taller chamado “Coa Lupa no noso Mundo” o alumnado converterase en auténticos/as detectives que terán que ir localizando, a través de diferentes medios, as pisadas do gran vilán “Mr Machismo”. Revisaranse os micromachismos a través da súa propia xerga e linguaxe preadolescente, os carteis de publicidade, as mensaxes das cancións que escoitan e os videoxogos aos que xogan, etc.
A continuación indicamos o cronograma previsto por nivel educativo:
A actividade está organizada pola Anpa “O Areeiro” en coordinación coa a dirección e o profesorado do centro. A financiación corre por conta das familias socias da ANPA, que contan coa colaboración do servizo de Educación do Concello de Pontevedra.
Reseña da docente: Paula F. Rodríguez e Psicóloga Xeral Sanitaria Experta en Cyberbulling, Adolescencia, Trastornos da Conducta, Aprendizaxe e Tdah, tamén en redes sociais e novas formas de Violencia na Rede e conta ademais cunha dilatada experiencia como formadora para diferentes institucións coma o servizo público de emprego, oficinas municipais de información xuvenil, e academias privadas. Ademáis leva máis de 4 años impartindo diferentes escolas de familias, así coma formacións para a actualización de profesionais da educación e a sanidade. Na actualidade dirixe o Gabinete Psicolóxico PersonalMind, é locutora de Radio en Onda Cero Vigo, subdirectora do Campus Politécnico Aceimar e Responsable de Orientación da Institución Educativa Aceimar.
https://www.instagram.com/personalmindpsicologiaysalud/
https://personalmind.home.blog/2021/05/01/cyberbullying-cuando-el-efecto-espectador-se-vuelve-viral/