Actividades Charlas

Resumo do Obradoiro de RCP

Onte levouse a cabo o taller de reanimación cardiopulmonar no grupo de 6º de primaria. Impartido pola Asociación de Técnicos e Técnicas de Emerxencias de Galicia (ASGATE). Participaron 20 alumnos e alumnas, a cales amosaron gran interese e implicación tanto nas explicacións conceptuais coma na realización dos diversos exercicios prácticos, que consistiron nos seguintes:

  • Qué información é esencial facilitar ao chamar ao 061 (teléfono para urxencias sanitarias): qué decir, que lle ocurre a persoa, ónde está, non colgar, nin bloquear no teléfono.
  • Como tratar a unha persoa que está tumbada no chan (posición lateral de seguridade), e como facer cando se produce unha obstrucción de vía aérea por corpo extrano.
  • Como facer a maniobra de reanimación cardiopulmonar mentras se espera pola chegada dos dispositivos de emerxencias sanitarias.

Este taller forma parte do programa “DIFERENTES PERO IGUAIS 2022”, financiado a través do procedemento SI449B- Axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero, da Secretaria Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia e cofinanciada con Fondos finalistas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Desde a ANPA, queremos agradecer moi especialmente esta colaboración aos compañeiros e compañeiras de ASGATE, por como adicarnos horas do seu tempo persoal e de descanso depois de vir de traballar no turno da noite. Tamén agradecer a implicación da dirección do centro e do profesorado de 6º que participou no taller.

Pódeche interesar...