O Concello de Pontevedra pon en marcha unha nova edición das Escolas Deportivas de Promoción Municipal para o curso 2026/2027, dirixidas a nenos e nenas en idade escolar, entre os 4 e os 14 anos.
A oferta deste curso conta con máis de 2.500 prazas, 20 deportes diferentes e actividades en 28 lugares, ofrecendo numerosas posibilidades para practicar deporte e fomentar hábitos de vida saudables entre os máis pequenos.
Prazo e inscrición
📅 O prazo de inscrición comeza o 15 de setembro.
As inscricións deben realizarse directamente nas entidades deportivas organizadoras de cada actividade. Na web do Servizo Municipal de Deportes pódese consultar a oferta completa e filtrar as actividades segundo o deporte e o ano de nacemento dos nenos e nenas.
👉 Consulta aquí a oferta de Escolas Deportivas para o curso 2026/2027:
https://deportes.pontevedra.gal/listaxe-escolas-deportivas/
Desde a ANPA O Areeiro animamos ás familias interesadas a consultar a oferta e os detalles de cada actividade: horarios, lugares de celebración, prazas dispoñibles e procedemento de inscrición.