Festas

🎃 Festa de Samaín 2026 da ANPA O Areeiro

🎃 Festa de Samaín 2026 da ANPA O Areeiro

A ANPA O Areeiro do CEIPP San Benito de Lérez organiza unha nova edición da Festa de Samaín, unha tarde chea de diversión, música, disfraces e moitas sorpresas para compartir en familia.

A celebración terá lugar o venres 30 de outubro de 2026, no pavillón deportivo do centro, en horario de 17:30 a 20:30 horas.

👻 Que teremos na festa?

  • Festa de disfraces para grandes e pequenos.
  • Música e diversión.
  • Merendola para compartir entre todas as familias.

As familias que o desexen poderán colaborar achegando un postre típico ou snacks para compartir durante a merenda. A bebida será proporcionada pola ANPA.

🎟️ Donativo para participar

  • Familias socias da ANPA: participación gratuíta.
  • Familias non socias da ANPA: 5 €.

Desde a ANPA O Areeiro animamos a todas as familias a participar nesta celebración, preparar os seus disfraces máis terroríficos e gozar dunha tarde de convivencia coa comunidade educativa.

🎃 Agardámosvos para celebrar un Samaín de medo!

Pódeche interesar...