Actividades Charlas

Obradoiro práctico: CIBERSEGURIDADE E NOVAS FORMAS DE VIOLENCIA

o Martes 12 de novembro arranca o Obradoiro práctico: “CIBERSEGURIDADE E NOVAS FORMAS DE VIOLENCIA”. Neste obradoiro os contidos sobre ciberseguridade e novas formas de violencia están adaptados ás familias, profesorado e persoas interesadas nos que se aportarán recomendacións pedagóxicas de como abordar en familia os diferentes riscos que poden aparecer en internet, concienciando ao mesmo tempo dun uso responsable das redes sociais:

  1. Medidas de seguridade no uso das redes sociais. Análise da realidade
  2.  Formas de acoso na rede: Sexting, sextorting, grooming… análise da problemática e cuestións de xénero
  3. Recomendacións para o uso seguro da rede e a protección dos dispositivos dixitais (control familiar)

Este obradoiro está financiado a través das Axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero, DIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE, da Xunta de Galicia. Operación cofinanciada con Fondos finalistas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero

You may also like