O próximo martes 27 de outubro, ás 18:00 horas, o IES A Xunqueira I de Pontevedra acollerá a charla «En la cuerda floja. La vida a través de los ojos de un TDAH», unha actividade enmarcada na Gira TDAH 2026 con motivo do Día Nacional do TDAH.
A sesión estará impartida por Paula Rodríguez, psicóloga xeral sanitaria e experta en adolescencia, trastornos da conduta, aprendizaxe e Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH).
A través desta charla, as persoas asistentes poderán achegarse á realidade das persoas con TDAH, comprender mellor os desafíos aos que se enfrontan no seu día a día e reflexionar sobre a importancia da comprensión, o acompañamento e a inclusión, especialmente no ámbito educativo.
A actividade está organizada por PersonalMind, ANiAS, a ANPA do IES A Xunqueira I e a ANPA O Areeiro do CEIP San Benito de Lérez.
Información da actividade
Charla: «En la cuerda floja. La vida a través de los ojos de un TDAH»
Data: Martes, 27 de outubro de 2026.
Hora: 18:00 h.
Lugar: IES A Xunqueira I, Pontevedra.
Relatora: Paula Rodríguez, psicóloga xeral sanitaria.
Desde a ANPA O Areeiro animamos ás familias e á comunidade educativa a participar nesta iniciativa, unha oportunidade para coñecer mellor o TDAH e contribuír a construír contornas educativas máis comprensivas e inclusivas.
O próximo martes 27 de outubro, ás 18:00 horas, o IES A Xunqueira I de Pontevedra acollerá a charla «En la cuerda floja. La vida a través de los ojos de un TDAH», unha actividade enmarcada na Gira TDAH 2026 con motivo do Día Nacional do TDAH.
A sesión estará impartida por Paula Rodríguez, psicóloga xeral sanitaria e experta en adolescencia, trastornos da conduta, aprendizaxe e Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH).
A través desta charla, as persoas asistentes poderán achegarse á realidade das persoas con TDAH, comprender mellor os desafíos aos que se enfrontan no seu día a día e reflexionar sobre a importancia da comprensión, o acompañamento e a inclusión, especialmente no ámbito educativo.
A actividade está organizada por PersonalMind, ANiAS, a ANPA do IES A Xunqueira I e a ANPA O Areeiro do CEIP San Benito de Lérez.
Información da actividade
- Charla: «En la cuerda floja. La vida a través de los ojos de un TDAH»
- Data: Martes, 27 de outubro de 2026.
- Hora: 18:00 h.
- Lugar: IES A Xunqueira I, Pontevedra.
- Relatora: Paula Rodríguez, psicóloga xeral sanitaria.