Actividades Ludotecas

Conciliaverán 2024

Conciliaverán é un programa para facilitar a conciliación laboral e a atención aos fillos que se desenvolve en época estival, organizado pola Federación Provincial de ANPA de Centos Públicos de Pontevedra, entidade sen ánimo de lucro do sector educativo e membro da comunidade escolar en colaboración coa Concellaría de Educación do Concello de Pontevedra, destinado a nenas e nenos de 3 a 12 anos (infantil e primaria) e que cubre todo o período de vacacións escolares, de xuño a setembro.

>> Para Secundaria ofreceremos o campamento deportivo no mes xullo

 

PRAZOS DE INSCRICIÓN PARA LUDOTECAS DE VERÁN 2024:

  • Presencial: no local da FANPA (Xan Guillermo, 9 – Pontevedra): do 20 ao 24 de maio de 9:00
    a 14:00 horas
    . Poranse ordenadores e persoal a disposición para poder realizar a inscrición.
  • Vía telemática: dende as 9:00 horas do 20 de maio ata ás 1 4:00 horas do 24 de maio.
    Non se admitirán solicitudes por correo electrónico nin fóra dese tramo horario.

 

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS:

No caso de que a demanda sexa superior ás prazas existentes fa rase unha baremación cos seguintes criterios:

  • Situación escolar:
    • Colexio público do concello de Pontevedra (12 puntos).
    • Socio/a de ANPA do concello de Pontevedra federada na FANPA (1 O puntos)
  • Situación socio-familiar:
    • Alumnos/as empadroados no concello de Pontevedra (6 puntos).
    • Dous ou máis fillos/as matriculados na mesma ludoteca e quenda (2 puntos).
  • Situación laboral:
    • Familia con dous proxenitores en situación laboral activa (20 puntos).
    • Familia onde sé un proxenitor estea en situación laboral activa (1 O puntos).
    • Familia monoporental en situación laboral activa (20 puntos).

      En caso de empate de puntuación, adxudicarase a praza primeiro por socio/a de ANPA do concello de Pontevedra federada na FANPA, despois por centro público e por último, por orde de inscrición.

      O 1 0% das prazas están reservadas a Servizos Sociais do Concello.

  • DOCUMENTACIÓN QUE HAI QUE ENTREGAR (entregarase toda xunta):
    • Ficha totalmente cuberta.
    • Fotocopia DNI do pai/nai/titor/a.
    • Fotocopia da tarxeta sanitaria do neno/a.
    • Volante de empadroamento actual.
    • Xustificante de pago de conciliaverán/s (non necesario no pago telemático).
    • Fotocopia do documento que acredite ser socio/a de ANPA federada na FANPA.
    • Fotocopia do documento que acredite ser familia monoparental.
    • Documento que acredite onde estuda o neno/a (non necesario para socios/as).
    • Vida laboral ou fotocopia da cabeceira da última nómina.

      Non se admitirá ningunha matrícula que non teña a documentación completa. Non se aceptará documentación despois de estar feita a matrícula.

CONCILIAVERAN-2024-TRIPTICO-COMPLETO

Pódeche interesar...