Actividades

X Edición do Certame de Relato Curto

A FANPA (Federación de Asociacións de nais e pais de Centros Educativos Públicos da provincia de Pontevedra) organiza o X Certame de Relato Curto para a provincia de Pontevedra. Este certame está especialmente enfocado á participación familiar pois hai tanto categorías para os e as rapazas como para pais, nais e adultos. Ao final, coma nas pasadas edicións publicaremos un libro cos 120 relatos gañadores e finalistas. A prestixiosa editorial Kalandraka é a encargada da edición en soporte libro.

Os principais obxectivos son: fomentar a creatividade no alumnado, potenciar a expresión e comprensión escrita, estimular o uso da lingua galega nas familias, facilitar as posibilidades de publicación aos mozos creadores/as, apoiar os escritores/as noveis e afeccionados/as e crear un espazo común e familiar para a creación literaria.

Agradecemos que lle deades a máxima difusión polos medios que consideredes máis efectivos para que chegue a todo o alumnado e ás súas familias.

Engadimos unha copia das bases e a ligazón ao web do Certame, onde se atopa o formulario que se debe utilizar para enviar os relatos participantes:

http://certame.nontedurmas.org

O prazo para recibir a vosa participación nunha nova edición, a novena, do certame literario de relato curto da FANPA está aberto ata o día 18 de marzo, a través do formulario en liña
https://blogs.nontedurmas.org/certame/2024/01/23/formulario-de-participacion-x-edicion/

O padriño desta edición é o escritor pontevedrés Xosé Monteagudo Folgar, autor de numerosas e premiadas novelas así como é autor de relatos breves en obra colectiva e director do Club de Escritura da Fundación Euseino?

As bases do certame e o seguimento do calendario de entrega así como os relatos premiados e o libro publicado de cada edición das anteriores están dispoñibles no web específico do X Certame:

http://blogs.nontedurmas.org/certame/

Como ilustrador a saudamos a composición orixinal de Kiko da Silva para a edición do cartel que servirá para  para promocionar a participación nesta X Edición.

cartel24_red

Pódeche interesar...