Actividades

OBRADOIRO MUSICAL TRADICIONAL – “O FOLIÓN”

O xoves 6 de marzo levouse a cabo o Obradoiro musical tradicional “O Folión” no CEIP Plurilingüe San Benito de Lérez. Neste Obradoiro participaron 50 nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de educación primaria. Os Mestres de música tradicional Isabel Castro e Ignacio González, faláronnos sobre o entroido e o significado que ten dentro da nosa tradición, para logo, entrarnos un pouquiño máis nos “folións”, formacións musicais de entroido que seguen moi vivas dentro da cultura popular. Os nenos e nenas puideron probar os tambores de entroido, sachos, aixadas, aprendendo distintos toques que se conservan hoxe en día. Esta actividade organizada pola Anpa en coordinación co centro tamén ten como obxetivo formentar o sentimento de pertenza ao colexio poñendo en valor aspectos da nosa cultura musical tradicional é popular tan relevante como é folión.

Este obradoiro está financiado polo Concello de Pontevedra, a través do Servizo de Educación e Promoción Económica, que convoca cada curso escolar a convocatoria de subvencións as ANPAS de centros educativos de Pontevedra mantidos con fondos públicos.

You may also like