Dende a ANPA O Areeiro queremos convidar ás familias interesadas a achegarse á xornada de portas abertas do CEIP Plurilingüe San Benito de Lérez e coñecer de primeira man o centro, as instalacións e o seu día a día.
🗓️ Data: mércores, 25 de febreiro
🕔 Hora: 17:00 h
📍 Lugar: CEIP Plurilingüe San Benito de Lérez (Pontevedra)
🍽️ Servizo: comedor escolar (plan madruga)
Será unha boa oportunidade para visitar o colexio, resolver dúbidas e descubrir todo o que ofrece.
Información de contacto do centro
-
Enderezo: O Cruceiro, 57, 36156 Pontevedra
-
Teléfono: 886 151 561
Vén a descubrilo! Se coñeces algunha familia que estea buscando centro, agradécese que compartas esta información.
