Actividades Charlas

A Defensa Persoal para Mulleres, autocoidado ante situacións de risco

O próximos días 23 e 30 de maio (martes) levaranse a cabo 2 talleres de Defensa Persoal para Mulleres no Ceipp San Benito de Lérez, a cargo do Clube de Taekwondo Taekanart, en horario de 19:30 a 21:30 horas no ximnasio do colexio, dirixido a mulleres da comunidade educativa do centro e interesadas no mesmo.

A Defensa Persoal para a Muller (DPM), é un instrumento de formación e aplicación física que comprende un conxunto de coñecementos, actitudes, habilidades e técnicas corporais que lles vai permitir prever, avaliar, saber qué facer e como consecuencia actuar antes situacións de ameaza, conflito ou agresión.

A DPM pretende contribuir a afrontar a violencia de xénero desde un prisma global. É decir, a nivel mais xeral, aportar coñecementos, entrenamento en actitudes e técnicas ante situacións de agresión. E a nivel mais concreto, autoafirmar, reforzar psíquica e físicamente as mulleres que sofren, ou son susceptibles de sufrir situacións de violencia de xénero.

A DPM tamén apoia e reforza a seguridade persoal e autoestima, promovendo a autonomía persoal física e mental en métodos de autodefensa e evasión, co obxetivo de salvar situacións anómalas, difíciles, e de perigo.

Estes talleres, a través da DPM, enfócanse en adestrar as mulleres desde idades moi tempranas, como unha ferramenta preventiva de autocoidado ante situacións de posibles de agresións e/ou de perigro, por iso desde a ANPA “O Areeiro”, entendemos a necesidade de promovelos.

A finalidade dos talleres é de aportar información e adestramento en cómo introducir estratexias de prevención na súa vida cotiá, aprendendo a detectar, localizar, e avaliar situacións de risco. Tendo unha visión de conxunto:

  • Observación de saídas
  • Elementos do entorno que sirvan de protección e/ou defensa
  • Traballar exercicios que aporten autoconfianza, seguridade persoal e desenvolvan a intuición, anticipación, capacidade de reacción..etc, a actitude mental, postural, desenvolvemento da movilidade corporal, e capacidades de anticipación, esquivar, evasión, capacidade de toma de decisións e iniciativa ou reacción ante ameaza ou agresión.

A actividade está co-organizada pola Anpa “O Areeiro” en coordinación coa a dirección e o profesorado, co Clube de Taekwondo Taekanart, dentro do PROGRAMA “A vida é movernos” da Concellería de Deportes, Actividade Física e Saúde do Concello de Pontevedra.

Pódeche interesar...