Actividades

DIVERTICANS achegase ao colexio de Lérez

O próximo mércores, 24 de maio, temos a visita no Ceipp San Benito de Lérez do Centro deportivo canino DivertiCans para facer 3 talleres.

Continuando na mesma linea desenvolvida no PROXECTO “Coidando dos nosos cans e cadelas, non son xoguetes”, de ensinar a convivir cos cans (coidalos, adestralos, desfrutar da súa compaña..etc); estes talleres teñen como obxetivo favorecer a comunicación entre o alumnado do centro e os cans, que contribúa a reducir o número de sacrificios/ou abandonos por agresións, favorecer as adopcións, en definitiva promover a convivencia persoas e cans.

Os contidos a tratar son:
 A escala de comunicación canina: sinais de calma, de advertencia, inmovilidade e fuxida e agresión.
 Aprendizaxe, básicamente cómo funciona a cabeza do can.
 Órganos dos sentidos, cómo funciona o tacto, o oído, o gusto, o olfato e especial a vista.
 O estrés nos cans, cómo funciona, o que o xenera, e como facer para reducilo.
 Necesidades básicas: o descanso, alimentación, ausencia de dor física e psíquica (ausencia de castigos e maltrato), atención veterinaria e liberdade (exercicio físico e mental).
Será nas horas lectivas do centro, cunha duración por taller de 50 minutos, a cargo do persoal voluntario de DivertiCans e con moita interacción xa que que participarán con 7 cans adestrados no centro deportivo co que contan en Couso.

A continuación indicamos o cronograma previsto por nivel educativo:

 

A actividade está organizada pola Anpa “O Areeiro” en coordinación coa a dirección e o profesorado, e mais coas persoas responsables da actividade do Centro deportivo canino DivertiCans.

 

Pódeche interesar...