É un programa de lecer e tempo libre dirixido ás familias do Concello de Pontevedra. O obxectivo é favorecer a participación familiar, compartindo xuntos experiencias e diversión. Os menores deben ir acompañados por un adulto. Máximo 5 persoas por familia.
PREZOS POR FAMILIA E ACTIVIDADE (as 8 sesións): Socios de ANPA federada na FANPA : 25 euros. Non socios de ANPA federada na FANPA. 35 euros. Privados, concertados e demáis casos: 55 euros.
O pago será efectivo ou mediante tarxeta bancaria no momento da inscrición na oficina da FANPA. Non se contempla a devolución da contía salvo causa xustificada documentalmente. De 9 a 15:00 horas.
PRAZO DE INSCRICIÓN: Do 9 ao 19 de febreiro para socios de ANPA federada na FANPA, e do 20 ao 23 de febreiro para os demais casos.
DOCUMENTACIÓN: ficha cuberta que se entregará na oficina da FANPA, documento que acredite ser socio de ANPA federada.
ADXUDICACIÓN DE PRAZAS: Como as prazas son limitadas será por orde de inscrición. De non acadarse o número mínimo de persoas para facer a actividade a FANPA devolverá o importe pagado.
FICHA-INSCRICION-CONTACOMIGO-2024