Actividades

Aprendendo a facer a nosa horta

O próximo luns 17 de abril, iniciamos no Ceipp San Benito de Lérez os talleres dirixidos ao todo o alumnado, dentro do  PROXECTO “A HORTA ESCOLAR, ESPAZO DIDÁCTICO E COMUNITARIO” co propósito de poñer en marcha e mantemento da horta existente no centro.

 

Estes talleres están deseñados coa metodoloxía APRENDENDO A FACER A NOSA HORTA, achegando ao alumnado ás técnicas e coidados básicas de cultivo, entre elas a preparación do terreo, abonado, sementar, plantar, técnicas de cultivo ecolóxico: asociacións e rotacións, fauna beneficiosa, obtención de fertilizante orgánico a través da compostaxe, utilizando a composteira do centro, depositando alí os restos de plantas e  herbas sacadas da horta e observar “in situ” o ciclo vital das plantas, de xeito activo a través do descubrimento, da observación e da experimentación. Tamén introducindo conceptos como a contaminación dos solos e as augas, a reutilización dos recursos, coñecendo as plantas horticolas máis comúns nas nosas hortas, as súas características, coidados e requerimentos para o seu cultivo,  así como as partes das mesmas que utilizamos na nosa alimentación.

Estes talleres tamén permiten poñer en valor e afondar en valores como o traballo en equipo, a cooperación, a axuda mutua e comunitaria, que contribuían a construir unha cidadanía solidaria e respetuosa co medio natural e o estilo de vida do rural.

Dado que o centro está situado nunha zona rural, e moitas das persoas participantes poden ter horta ou estar familiarizadas con ela, animarase ao alumnado a investigar no seu entorno familiar e veciñal, sobre os usos, costumes, tradicións e cultura en relación ca horta, e  durante a realización da actividade poderán os nenos e nenas  compartir as súas experiencias e coñecementos en torno á mesma.

De feito para a limpeza da horta e preparación dos diversos bancais que se fixo na tarde do martes 11 de abril, contouse, a parte da educadora ambiental responsible dos talleres, persoal da Anpa, a fantástica colaboración de dúas avóas, as cales daban conta da experiencia enriquecedora e satisfactoria de “botar unha man nunha actividade para o colexio”, e o estupendo que ía ser compartir cos seus respectivos netos esta actividade.

Este proxecto ten como obxetivos:

–          Achegar ao alumnado coñecementos sobre o contorno natural inmediato.

–          Ensinar cómo preparar e poñer en marcha a horta da escola.

–          Concienciar sobre problemas ambientais xerais, promovendo actitudes e hábitos de coidado e responsabilidade ambiental

–          Iniciar nas tarefas agrícolas. Dar a coñecer as técnicas de agricultura ecolóxica

–          Valorar a importancia do consumo de productos frescos, saúdables e de proximidade.

–          Fomentar a participación de toda a comunidade educativa no espazo educativo  e comunitario da horta.

 

A continuación indicamos o cronograma previsto por nivel educativo:

 

CRONOGRAMA DA ACTIVIDADE DE POSTA EN MARCHA DA HORTA ESCOLAR 2022-2023
(Actividade condicionada a climatoloxía, se chove posponse)Nivel educativoNº nenasNº nenosSESIÓNSDATASHORARIO

5º de Primaria 9 11 2 (reparto grupo) LUNS 17/04/2023 1ª sesión 09:15-10:05 h
2ª sesión 10:05-10:55 h
6º de Primaria 9 11 2 (reparto grupo) LUNS 17/04/2023 3ª sesión 10:55-11:35 h
4ª sesión 12:35-13:25 h
6º Infantil 11 9 1/1er. Grupo (10) MÉRCORES 26/04/23 1ª sesión 09:15-10:05 h
5º Infantil 3 10 1 2ª sesión 10:05-10:55 h
6º Infantil 11 9 1/ 2º grupo (10) 3ª sesión 10:55-11:35 h
4º Infantil 6 4 1 4ª sesión 12:35-13:25 h
1º de Primaria 3 5 1 5ª sesión 13:25-14:15 h
2º de Primaria 11 4 1 XOVES 27/04/23 1ª sesión 09:15-10:05 h
3º de Primaria 6 5 1 2ª sesión 10:05-10:55 h
4º de Primaria 8 11 2 (reparto grupo) 3ª sesión 10:55-11:35 h
4ª sesión 12:35-13:25 h

 

A actividade está organizada pola Anpa “O Areeiro” en coordinación coa a dirección e o profesorado do centro, xunto coa colaboración de familias que se están animando a “botar unha man”, xa que teñen coñecementos de como facer hortas. Calquer persoa interesada en axudar que contacte coa Anpa, “todas as mans son necesarias”.

A financiación corre por conta das familias socias da ANPA, que contan coa colaboración do servizo de Educación do Concello de Pontevedra.

A Directiva da ANPA.

 

You may also like