Actividades Charlas

Charla “Coidando dos nosos cans e cadelas, non son xoguetes”

O próximo luns 27 de marzo iniciamos na escola un ciclo de charlas dirixidas ao todo o alumnado do Ceip San Benito de Lérez, dentro do PROXECTO “coidando dos nosos cans e cadelas, non son xoguetes”, para aprender a convivir con eles, coidalos, educalos, desfrutar da súa compaña, qué facer ante maltratos, o abandono, a adopción…e todas as vosas preguntas!!!!!

 

Realizaranse nas horas lectivas do centro, cunha duración de 50 minutos a cargo do persoal voluntario da Protectora de Animais “Os Palleiros”. Estas charlas serán moi interactivas xa que nas mesmas participan diversos cans da protectora.

Permitirán que o alumnado coñezan o labor da asociación que xestiona a recollida de animais abandonados na vía pública, a súa alimentación e coidado no refuxio que ten esta entidade en Campañó. O seu xeito de traballar, as funcións que realiza, como poden colaborar co colectivo, os coidados esenciais que precisa un can, como reaccionar cando son testemuñas dun caso de maltrato, etc. Na charla tamén se abordarán cuestións que teñen que ver coa axeitada educación das mascotas e deixarase un espazo aberto para que os nenos e nenas formulen preguntas en relación ao correcto coidado e educación dos seus cans.

Este proxecto ten como obxetivos a lograr:

  • Sensibilizar sobre ás consecuencias do abandono de cans
  • Concienciar sobre a importancia das adopcións responsables e coidados que precisan os cans/cadelas

A continuación indicamos o cronograma previsto por nivel educativo

CRONOGRAMA DA ACTIVIDADE COA PROTECTORA DE ANIMAIS
“OS PALLEIROS” 2022-2023Nivel educativoDATASHORARIO

4º Infantil LUNS 27/03/2023 3ª sesión 10:55-11:35 h
5º Infantil
6º Infantil LUNS 27/03/2023 4ª sesión 12:35-13:25 h
1º de Primaria
2º de Primaria LUNS 24/04/2023 3ª sesión 10:55-11:35 h
3º de Primaria
4º de Primaria LUNS 24/04/2023 4ª sesión 12:35-13:25 h
5º de Primaria
6º de Primaria LUNS 08/05/2023 3ª sesión 10:55-11:35 h

 

Esta actividade está organizada pola Anpa “O Areeiro” en coordinación coa a dirección e profesorado do centro educativo, e as persoas responsables da actividade da protectora de animais “Os Palleiros”.

 

A súa vez, desde Anpa vaise contribuir cunha doación de productos específicos de alimentación de cans, que se fará entrega a longo das sesións previstas, como agradecemento a colaboración desinteresada da Protectora.

Esta actividade está financiada coa contribución económica das familias socias da ANPA e a través de fondos públicos que xestionamos, en concreto a referida ao servizo de Educación do Concello de Pontevedra: Subvencións a asociacións de nais e pais de alumnos/as (anpa) de centros educativos de pontevedra mantidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de primeiro ou segundo ciclo de educación infantil e/ ou ensinanzas obrigatorias que desenvolvan accións no eido da educación durante o curso escolar 2022/2023.

*ALERXIAS: informar ao centro, se fose necesario, da existencia de alerxia aos cans.  

 

Aquelas familias interesadas en poder colaborar coa Protectora de Animais con doacións de piensos de alimentación ou productos de limpeza (deterxente de lavadora, fregasuelos e lexía con deterxente pode facelo a través do teléfono 657 02 38 31,  ou no email: ospalleiros@hotmail.com, toda axuda é benvida e necesaria.

 

A Directiva da ANPA

Pódeche interesar...