AS CANTAREIRAS NO CEIPP SAN BENITO DE LÉREZ
Letras Galegas de 2025.
Por motivo da celebración do Día das Letras Galegas, a Anpa “O Areeiro” organiza, xunto coa dirección do colexio, o “Taller das Cantareiras” ao longo da mañán do martes 13 de maio, en todos os niveis educativos do centro. Para este taller contamos coa participación das Cantareiras dos Trazantes de Tenorio, as cales a través dos seus cantares, xunto coas panderetas, cunchas, ensinarán cómo canta e de onde saían as cancións. Tamén contaremos coa participación especial de alumnas é exalumnas do centro que forman parte de diferentes agrupacións folclóricas galegas que farán unha actuación final.
A importancia das cantareiras, na cultural popular galega, e que non se remataba ningún traballo sen celebralo, a vendima, os fiandóns, as cosechas, as sembras, a malla, ir ao molino a moer..etc, eran traballos que aunaban ao final da xornada baile, música e festa. Estas mulleres contribuíron a manter vivas as nosas tradicións compartindo coas novas xeneracións a súa maneira de entender a vida, a ironía, a sorna…etc.
Con motivo do Día das Letras Galega réndese homenaxe ás cantareiras Adolfina e Rosa Casás (Cerceda), Eva Castiñeira (Muxía) e ás Pandereteiras de Mens, Manuela Lema Villar, Prudencia e Asunción Garrido Ameijende, de Malpica de Bergantiños.
Adolfina (1912-2009) e Rosa (1913-2005) eran tía e sobriña, coñecidas na contorna pola súa arte como cantareiras e tocadoras. Rosa emigrou a Inglaterra nos 60 e nos anos 80 as dúas volveron xuntarse recobrando o seu xeito de tocar.
Eva Castiñeira (1926-2010) era veciña do lugar de Agranzón en Muxía e cantaba desde pequena nas romerías. Convidada polo grupo Milladoiro, foi a primeira pandereteira en subir a un escenario cun grupo folk, nun concerto celebrado no pavillón de deportes da Coruña.
As Pandereteiras de Mens foron cinco labregas desta parroquia malpicá. Dúas delas (Adela e Teresa) non poden ser homenaxeadas o falecer hai menos de dez anos. Recibirán o recoñecemento Prudencia Garrido (1905-1993) e a súa irmá Asunción Garrido (1915-2007), ademais de Manuela Lema Villar (1913-1993). Cando algunha xa superaba os 80 anos, viaxaron por Europa e América coa súa música acompañando, a partir de 1972, a Agrupación Folclórica Aturuxo.