O martes 25 de novembro o alumnado de 6º primaria participa no Obradoiro de Novas Formas de Violencia na Rede a cargo de Paula Rodríguez, psicóloga xeral sanitaria, da empresa Anias Formación e Xestión Sociocultural da cidade de Pontevedra.
a través do mesmo o alumnado identificará novas formas de violencia en línea. Exploraranse temas como o sexting, a sextorsión e o grooming, xunto cun experimento social sobre o engano en plataformas como Tinder. Ademáis, adestraránse técnicas para axudar a recoñecer o ciberbullying e cómo actuar ante estas situacións. ¡É fundamental empoderar ao nosos e nosas nenas no entorno dixital!
Esta actividade forma parte do programa: “Medrando en Igualdade”. Todas estas actividades están financiadas pola Dirección Xeral de Promoción da Igualdade da Xunta de Galicia e cofinanciada con Fondos finalistas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero. Subvención solicitada e xestionada pola Anpa en colaboración coa Dirección do Centro, Anias Formación e Xestión Sociocultural, e PersonalMind.