Chega o Samaín ao colexio!!!!!
Levamos xa varias semanas facendo e colocando a decoración para celebrar o Samaín ao noso colexio. Desde a Anpa queremos agradecervos a todas as familias e persoal do centro que estades a participar nesta actividade tan creativa,  para festexar esta festividade. Toda a decoración colocada está sendo elaborada por nenos e nenas do colexio, pero tamén coa implicación das súas familias, adicando o tempo do que dispoñen a botar unha man. Esta iniciativa está impulsada e organizada pola Anpa “O Areeiro”, xunto coa dirección do centro como unha iniciativa máis para abrir o colexio a participación das familias.
Lembrade que temos a festa o martes 31 de outubro de 17:00 a 20:00 horas no ximnasio no colexio. Teremos obradoiro de maquillaxes e tatuaxes de Samaín, taller de marionetas de sombras, xogos e bailes musicais. As familias podedes colaborar traendo un producto típico e Anpa porá as bebidas. Os nenos e nenas deberán estar acompañadas dunha persoa adulta.
 
Donativo: 

  • Familias socias da Anpa, gratis
  • Familias non socias da Anpa, 3 €
Para participar en calquer actividade organizada pola Anpa, teredes que ter pagado o seguro colectivo de accidentes: 

  • familia socia 4,50 €/nen@/ano
  • familia non socia 8,50€/nen@/ano

Salvo que teñades un seguro privado de accidentes que vos cubra ou salvo escrito de renuncia expresa (que teremos copias na festa a vosa disposición).

A rapazada de 6° primaria terán unha mesa onde venderán productos para obter fondos para a excursión fin de curso.

Vos deixamos unha breve galería de fotos para que poidades ver o feito ata agora. Animádevos a participar!!!!.
 
A Directiva

Pódeche interesar...