Festas

Decoración de Nadal 2022

O Nadal chega ao colexio de Lérez: Hoxe venres, día 9 comenzouse a colocar parte da decoración de Nadal na que están a participar nenos e nenas, familias e profesorado do centro. De feito o primer taller de “DECORACIÓN DE NADAL” celebrouse o sábado 17 de novembro, e o segundo o 3 de decembro, ambos de 17:00 a 21:00 horas na Casa de Cultura de LÉREZ. Neste talleres, abertos a calquer familia do colexio interesada en botar un man, fóronse preparando as diversas decoracións a facer: guirnaldas, siluetas do grinch, debuxos navideños, renos…etc. Desde a Anpa queremos agradecer a Comunidade de Montes de Lérez por deixarnos utilizar as instalacións da casa da cultura para estas actividades de traballo en común, onde os mais cativos/as disfrutaron sentíndose partícipes da decoración do seu colexio, sendo tamén unha maneira de compartir espazo e tempo en familia. Tamén queremos agradecer, o inmenso esforzo, e adicación en tempo e horas de todas as nais, pais, avos, avoas, tíos, tías..etc que están colaborando desinteresadamente para contribuir a que o colexio, es lugar onde medran e aprenden os nosos nenos e nenas, esté imbuido polos valores de cordialidade, esperanza, xenerosidade, madurez, agarimo, festa, compartir cos seres queridos…etc, e tantos outros valores que implican a festividade do Nadal. Ver hoxe as caras de sorpresa e ledicia das crianzas nos enche de agarimo e isto non ten precio, ainda que se boten horas e horas de traballo, sempre nos quedarán esas caras de inocencia e felicidade. GRAZAS A TODOS E TODAS, pequenos/as e maiores.

Todavía quedan mais cousas por colocar que para a semana que ven xa estarán listas. Todavía estades a tempo de facer a vosa postal de desexos para o ano que ven e o voso adorno para poñer na árbore de nadal, lembrade poñerlle o voso nome e curso, e llo entregades ao titor/ra que xa nolo fan chegar a Anpa.

Aquí vos deixamos un primer adianto en fotografía da decoración, agardarmos que vos guste!!!!

 

Pódeche interesar...