Festas

O noso Maio

Exitazo de participación os días 3 e 4 de maio para facer o NOSO MAIO.

Como podedes ver na galería de fotos foron numerosas familias e veciñanza a que se acercou nestes días a axudar a facer o maio do colexio de Lérez.

O inicio de recuperar esta tradición de festexar a entrada da primaveira comezou coa elaboración na estructura en forma de cono. Para cal diversas familias foron ao monte a coller as canas e paus de xesta resistentes que fixeron de sorporte de todos os materiais que se lle foron colocando posteriormente. Tamen coa recollida dos diversos materiais de decoración, coma o fiuncho e flores silvestres.

Na tarde do mércores 3 de maio, fíxose a selección do fiuncho e ensartado do mesmo en arrame para ir “vestindo” o maio. Asemade a rapazada foi facendo os colares de flores, as cadeas de ovos decorados…etc coa colaboración das nais, pais, profesoras e avoas que viñeron a participar.

O xoves 4 de maio foi cando se foi poñendo toda a decoración realizada no día anterior. Esta iniciativa nos amosa as gañas, ilusión, e interese en recuperar esta tradición tan nosa, e tanto a rapazada coma as persoas adultas que asistiron compartiron o tempo nun ambiente distendido, de risas, confidencias e traballo en equipo para chegar a lograr entre todas e todos o obxetivo previsto, que foi FACER O NOSO MAIO, parabens as todas e todos!!!!.

Desde a Xunta directiva da Anpa, queremos agradecer a implicación e participación a toda a comunidade educativa. E tamén un especial agradecemento ao C.E.I.P. Marcos da Portela, polo apoio e asesoramento na elaboración do maio e por todo o material (fiuncho, colares de flores, de ovos, laranxas, camelias que tan amablemente nos doaron para o noso maio, sen esquecer de felicitar a devantido centro polo primer premio de Maios no concurso celebrado o pasado 1 de maio na praza da Ferreira. Non podíamos ter mellores maestras e maestros. Grazas!!!!

You may also like