Actividades

Facendo o noso Maio

 


Este desde ano queremos retomar a tradición de celebrar a “festa dos maios”, por iso ímos facer o noso maio no colexio, para conmemorar a chegada da primavera como expresión do crecemento e floración da vexetación.

Con tal motivo, desde Anpa e xunto c centro, este ano convidamos a toda a comunidade educativa (familias e persoal do centro) a participar na elaboración do maio do CEIPP San Benito de Lérez.

Vémonos o mércores 3 de maio a partires das 16:00 horas no patio do colexio para decorar entre todas e todos o noso maio. Podedes traer fiuncho, espadainas, xestas, flores, laranxas, cocas de carballo….ect e moitas gañas de pasalo ben e botar unha man.

Esta iniciativa ten como obxetivo principal dar a coñecer a tradición dos maios, como se fan, con que elementos se construen e decoran, a música que se crea a través das coplas que se elaboran, e sobre todo amosar a creatividade a través destas construcións vexetais que anuncian a chegada da primavera.

Asemade tamén, ten como obxetivo, promover a convivencia entre as familias e o persoal do centro, coa intención final de chegar a crear un grupo de persoas interesadas en transmitir e manter esta tradición de cara a participar no concurso anual que organiza o Concello de Pontevedra.

Vos agardamos!!!!!

Pódeche interesar...