Festas

Festa de Nadal no CEIP San Benito de Lérez

Desde a ANPA do CEIP San Benito de Lérez queremos convidar a todas as familias a celebrar con nós a chegada do Nadal cunha tarde chea de ilusión, música e convivencia.

O vindeiro 19 de decembro de 2025, o pavillón deportivo do colexio acollerá a nosa tradicional Festa de Nadal, un encontro pensado para que o alumnado e as súas familias compartan un momento especial antes das vacacións.

Unha tarde para desfrutar en familia

Durante a xornada haberá:

  • Merendola para nenos e nenas

  • Música e ambiente festivo

  • Visita do Papá Noel, que fará as delicias dos máis pequenos

Todo está preparado para vivir unha tarde alegre, participativa e chea de espírito nadalicio.

Datos do evento

  • 📅 Data: 19 de decembro de 2025

  • Horario: de 17:00 a 20:00 horas

  • 📍 Lugar: pavillón deportivo do colexio

  • 🎟 Donativo:

    • Familias socias: gratis

    • Familias non socias: 5 €

 LEMBRADE: para participar en calquer actividade organizada pola ANPA, teredes que ter pagado o seguro colectivo de accidentes:

 Prezo do seguro de accidentes:

  • Familia socia 4,00 €/nen@/ano (as familias de 3 irmans pagan só 2)
  • Familia non socia 8,00€/nen@/ano

Pagamento do seguro de accidentes:

ANUAL, canto antes mellor por transferencia/ingreso poñendo no concepto o nome do neno/a e seguro de accidentes.
CONTA DA ANPA: Santander ES11 0049 0205 0823 1033 5053

Salvo que teñades un seguro privado de accidentes que vos cubra ou salvo escrito de renuncia expresa (que teremos copias na festa a vosa disposición).

Vos agardamos!!!!!

You may also like