Actividades

Decoración de Entroido no Colexio

Desde o 6 de febreiro, todos os martes pola parde, estivemos traballando na aula da Anpa, no taller de decoración do entroido para o colexio, no cal participou tamén o alumnado do centro. Seguimos, desde a Xunta Directiva, e recollendo a proposta de diversas familias, coa dinámica de realizar a decoración para o colexio, onde poidan participar o alumnado do centro. Sabemos que por temas de conciliación laboral, persoal e familiar, non sempre se pode asistir en persoa a estes talleres de decoración, pero comentarvos que este ano, houbo familias que participaron igualmente, ao facelo desde casa, colaborando no recorte de plantillas, e similares, dentro das súas posibilidades. Todas estas actividades teñen por unha bando, o obxetivo de crear comunidade, e espazos de encontro entre as familias, e por outra que e que o alumnado contribúa coa súa creatividade e gañas na decoración do espazo no que aprenden e socializan, no que pasan moitas horas ao día, en que cheguen a sentir que forman parte del, en definitiva na decoración do seu colexio. Ver as caras de felicidade cando os cativos e cativas ben os seus traballos feitos decorando o colexio non ten prezo, esa ledicia é a que nos segue a motivar a esta Anpa para seguir con estas actividades. GRAZAS A TODOS E TODAS!!!.

Pódeche interesar...