Festas

Festa de Samaín: E pasámalo pipa!!!!

O martes 31 celebramos a festa de Samaín no ximnasio do colexio. Foi un exitazo de participación de familias, xa que acudiron 55, e tamén pola diversión, xogos, talleres, bailes e comilona típica desta festa. Esta celebración foi posible polo gran traballo feito por todas as familias que se implicaron na decoración previa do colexio, por cociñar productos típicos, pola montaxe e desmontaxe e posterior limpeza do ximnasio, para deixar todo recollido e listo. Como poderedes ver na galería de fotos, o divertimento estivo garantizado pero tamén o traballo en equipo e en familia. Sen axuda e colaboración de todos e todas estos eventos non serían posibles. Desde a directiva da Anpa queremos agradecer especialmente ao “equipo de decoración/montaxe/desmontaxe” da festa que sen elas e eles non seríamos quen de poder facela. Cómpre agradecer a dirección, persoal de conserxería, de limpeza, e profesorado do centro a axuda e colaboración para que os nosos nenos e nenas o puideran disfrutar.

Tamén nos gustaría lembrar que contamos cunha mesa de venta de productos xestionada polos nenos e nenas de 6º de primaria para obter fondos económicos para excursión de fin de curso que están a organizar, e que durante a festa acadaron unha moi boa acollida.Aanimádevos a contribuir porque xa teñen a venta prantas de Nadal cun coste de 10 € e todas as semanas paquetes de rosquillas “Ancla” de hoxaldre a 4,5 € o paquete. Para facer os encargos contactade nos teléfonos 645.971.010 ou 686.069.289.

A Directiva.

Pódeche interesar...