O martes 20 de decembro celebramos a festa de Nadal no pavillón deportivo no colexio, coa participación de 43 familias, 65 nenos e nenas, profesorado e persoal do centro. Para a festa, contamos coa Churrería Chocolatería Sandra: https://www.churreriasandra.com/, que nos cociñaron in situ 130 racións de churros e chocolate quentes, que fixeron as delicias dos mais cativos e cativas e maiores, xa que que ambos productos estaban exquisitos, xunto co resto de comida e bebidas que aportou a Anpa. A festa foi animada polas 3 monitoras da empresa Isabel Naveiro, realizando diversos talleres, xogos e coreografías, que xunto coa música amenizaron as 3 horas que durou este festival. E para finalizar contamos coa visita do Papa Noel, que fixo entrega de caramelos a parte de saudar e sacar fotografías con todos os nenos e nenas que así o quixeron facer.
Esta festa foi organizada pola Anpa do colexio, e desde a xunta directiva queremos agradecer a implicación, e participación das familias, alumnado, dirección do centro profesorado e persoal non docente que axudaron coa decoración de nadal de todo o colexio, a Comunidade de Montes de Lérez, pola cesión do espazo do pavillón deportivo, as empresas que este ano traballaron con nós: Churrería Chocolatería Sandra e Isabel Naveiro. E queremos facer especial mención de agradecemento ao equipo de decoración, composto por familias, que durante semanas, estiveron botando unha man para que esta festa resultase un éxito, GRAZAS A TODOS E TODAS!!!.