Actividades Festas

Festa de Samaín 2022

Éxito de participación na festa de samaín organizada pola Anpa o pasado martes 25 de outubro no ximnasio do colexio de Lérez. Asistiron mais de 50  nenos e nenas, acompañadas pola súas familias. A celebración estivo moi animada cos disfraces e disfrutaron de xogos, gymkanas, tatuaxes, maquillaxes e música, todo acompañado dunha “merendola” mounstruosa de doces típicos elaborados polas familias asistentes.

Había moitas gañas de compartir, disfrazarse e disfrutar da festa, da compaña dos e das compañeiras. Desde a directiva da Anpa queremos agradecer a todas familias que participaron, e tamén reiterar o noso agradecemento ao equipo de decoración formado por: Jessica, Andrea, Sandra, Loli, Natividad, Leticia, Andrea e Shelia, que se fixeron cargo nun tempo record, de deseñar e colocar toda a decoración no colexio, grazas polo esforzo e traballo realizado. Tamén queremos agradecer a dirección e profesorado do centro a súa boa disposición a colaborar e participar nesta festa.

Pódeche interesar...