O pasado martes día 18 de outubro asistiron unha veintena de persoas, entre familias e profesorado do centro a Charla de Ciberseguridade: Riscos en Internet, impartida polo inspector Miguel Vaamonde e o oficial Antón Méndez, da Delegación de Participación Ciudadana da Policía Nacional de Pontevedra, dentro do Plan Director. A charla resultou moi instructiva, e clarificadora no sentido de coñecer os diferentes marcos normativos que rixen a convivencia e participación educativa, así coma a protección cidadá e as consecuencias penais. Entre os contidos que mais chamaron atención foron os relacionados cos diversos perigos en internet, como son as adiccións, consumos excesivos de productos, estafas e roubos, o ciberacoso, o grooming, o sexting.
Tamén se deron pautas de cómo detectar problemas nos nosos fillos e fillas en relación ao uso/abuso en internet, o móbil, a importancia de saber poñer claves de seguridade e contrasinais seguras, sendo conscientes de que a mellor ferramenta é a formación das familias nestes temas, de coñecer a “jerga” que usa a mocidade e o signficado que ten en cada contexto, e sobre todo a confianza e a comunicación, supervisando o que fan tanto na rede como co móbil, “debemos estar dispostos/as a controlar o que fan”. Hoxe en día o acceso e manexo de internet é a forma que teñen de relacionarse os e as rapaces, son dixitais, frente as familias que todavía somos “analóxicas”, é necesario ensinarlles a diferencia entre o uso e abuso dos medios dixitais (móbiles, consolas, internet…etc), así coma as repercusións que ten subir/compartir todo tipo de contidos na rede (” o que se sube a rede permanece na rede”, non se desaparece).