Comedor e Madruga

Instruccions do comedor escolar para o curso 26/27

A ANPA O Areeiro informa ás familias da apertura do prazo de inscrición no servizo de comedor escolar para o novo curso 2026/2027.

A aplicación para realizar a inscrición estará dispoñible a partir do 15 de xullo e permanecerá aberta ata o 31 de agosto para todas aquelas familias que queiran inscribirse como usuarios/as habituais do servizo.

É importante ter en conta que, unha vez rematado este prazo, só será posible realizar a inscrición como usuario/a esporádico/a para o mes de setembro, xa que a contratación ordinaria quedará pechada.

As familias interesadas deben revisar as instrucións facilitadas pola FANPA e realizar o trámite dentro das datas indicadas para garantir o correcto inicio do servizo no mes de setembro.

Máis información e documentación:
https://www.nontedurmas.org/blog/informacion-sobere-o-servizo-de-comedor-para-o-novo-curso-escolar-2026-2027/

Pódeche interesar...