NOTA DE ACTUALIZACIÓN 7/feb/2023
Non quedan prazas vacantes nas actividades de Cerámica con torno, Golf iniciación e Cociña
——
É un programa de lecer e tempo libre dirixido ás familias do concello de Pontevedra. O obxectivo é favorecer a participación familiar, compartan xuntos experiencias e diversión. Os menores deben ir acompañados por un adulto.
PREZOS POR FAMILIA E ACTIVIDADE (ata 5 membros, as 8 sesións):
– Socios/as de ANPA do concello de Pontevedra federada na FANPA: 20€
– Non socios/as de ANPA federada na FANPA: 30€
– Privados, concertados e demáis casos: 50€
O pago será en efectivo no momento da inscrición. A inscrición e o pago faranse no local da FANPA (rúa Xan Guillermo, núm. 9), en horario de 9:00 a 14:00 horas. Non se contempla a devolución da contía, salvo por causa xustificada (enfermidade) e acreditada documentalmente.
PRAZOS DE INSCRICIÓN:
– Do 6 ao 10 de febreiro: para os socios/as de ANPA do concello de Pontevedra federada na FANPA.
– Do 13 ao 15 de febreiro: para o resto.
DOCUMENTACIÓN:
– Ficha totalmente cuberta.
– Documento que acredite ser socio/a de ANPA federada na FANPA (en caso de non traelo aplicarase o prazo e prezo de non socios/as).
ADXUDICACIÓN DE PRAZAS: Como as prazas son limitadas, a adxudicación será por orde de inscrición. De non se cubrir o mínimo de prazas necesario para a realización dalgunha actividade, devolverase o importe íntegro na oficina da FANPA e eliminarase a actividade
FICHA-INSCRICION-CONTACOMIGO-2023