Festas

Mandamentos do Meco para o Entroido 2025

O Entroido xa está aquí e no CEIPP San Benito de Lérez celebramos esta festividade con moita ledicia e creatividade! Como cada ano, o Meco trae os seus mandamentos para que toda a comunidade educativa participe e se divirta.

A partir do luns 24 de febreiro, cada día haberá unha temática diferente para disfrazarse. Toma nota e prepárate para unha semana chea de cor e alegría:

🎭 Luns 24 de febreiro: Se o luns con folgos queres empezar, trae algo na cabeza para te disfrazar.

🩳 Martes 25 de febreiro: Se o pixama non queres quitar, déixao posto e quentiño vas chegar.

🥿 Mércores 26 de febreiro: O mércores zapatos e calcetíns diferentes traerás, e moi ben o pasarás.

👺 Xoves 27 de febreiro: Na túa casa buscarás o disfraz que che guste máis.

🎬 Venres 28 de febreiro: Hoxe toca a festa do cine. Cada curso co seu disfrace e que todos alucinen!

Será unha semana chea de momentos especiais para gozar xuntos desta festa tan tradicional. Animamos a todo o alumnado, profesorado e familias a participar e a facer desta celebración un Entroido inesquecible.

Vémonos no CEIPP San Benito de Lérez para vivir o Entroido ao grande! 🎭🎉

You may also like