Charlas

Resumo taller práctico CIBERSEGURIDADE

O martes 22 de novembro, asistiron entre familias e profesorado 14 persoas ao taller-práctico  de CIBERSEGURIDADE E NOVAS FORMAS DE VIOLENCIA, celebrado na biblioteca do colexio e impartido polas expertas Paula Rodríguez, Psicóloga Xeral Sanitaria e Yolanda Rodríguez, Licenciada en Comunicación Audiovisual, da entidade Anias Formación e Xestión Cultural.

A valoración, xa tanto verbal coma nas enquisas de avaliación que se pasaron ao final do taller,  deixan constancia do enriquecedor e instructivo que resultou o taller, e xa manifesron as persoas participantes a necesidade de continuar na profundización dos contidos tratados.

Na primeira parte do taller tratáronse conceptos básicos relativos a se os nosos fillos e fillas son nativas dixitais e que competencias dixitais teñen. Claves a seguir na educación dixital,  como aprender a coidar os dispositivos móbiles, seleccionar as fontes de información solventes e fiables, saber establecer límites entre o público e o privado, asegurar a intimidade nas redes sociais, e configurar opcións de seguridade e privacidade. Tamén a importancia de saber comunicarnos coa linguaxe dos e das adolescentes, e as linguaxes que usan nas redes sociais, e de cómo lles ensinamos o manexo das mesmas, é unha aprendizaxe tanto das familias coma das nosas crianzas.

Esencial educar desde a aceptación e o respeto, sen culpabilizar, e sempre desde o enfoque de mellor “saber acompañar, pactar e non prohibir o uso das redes sociais”, non basarse na necesidade que temos as familias de control, xa que no momento en que lles ocorra algo non confiarán en nós e non nolo contarán. Tamén moi importante non esquencer que aprenden do que ven na casa, debemos ser coherentes co exemplo que lles damos, as redes sociais non son o problema senón o uso, ou mal uso das mesmas e a falta de formación.

Clarificáronse as diferentes novas formas de violencia nas redes sociais, desde as mais sutiles as mais evidentes. Esta primeira parte finalizou co visionado do video “creo que me gustas”, basado en feitos reais dunha situación de grooming (un adulto que se fai pasar por menor de idade e que contacta con nenos/as e/ou adolescentes con fines sexuais).

A segunda parte do taller centrouse na dieta e contidos dixitais, na clarificación das clasificacións dos diferentes contidos, desde ás películas, como por exemplo a importancia de coñecer que cando pon “para todos os públicos” non significa que sexa para público infantil. Cómo as plataformas dixitais existentes, como Movistar, Netflix, Hbo empregan clasificación por idades nos contidos que ofrecen. Esta plataformas deciden o que é “axeitado” por idades no tocante aos contidos basados en criterios económicos e de ventas, non baixo criterios que teñan en conta o desenvolvemento e crecemento evolutivo dos e das nenas, somos as familias quen debemos supervisar o que están vendo e se adapta a súa idade e madurez.

As persoas asistentes, puideron comprobar como hai plataformas que non teñen ningún tipo de filtro nos contidos que suben as persoas, xa que o fan como queren. Como solución para as familias, é “activar o filtro de delimitación por idade” e denunciar esta práctica ao Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE).

Na curación de contidos dixitais céntrase en educar a través da selección, filtrado e análise crítico da información dos diversos contidos dixitais, é unha aprendizaxe permanente, desde o sentido común, con paciencia, empatía, curiosidade, actitude crítica e capacidade de síntese.

E para finalizar, a docente amosou diversos recursos de webs e pantallas “amigas” como instrumentos a utilizar polas persoas que están educando: familas e profesorado.

Esta charla forma parte do Programa “DIFERENTES PERO IGUAIS 2022”. Financiado a través do procedemento SI449B – Axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero, da Secretaria Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia e cofinanciada con Fondos finalistas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Pódeche interesar...