Charlas

Resumen do 2º taller de RCP para 5º de primaria:

Onte vernes día 11, levouse a cabo o segundo taller de reanimación cardiopulmonar no grupo de 5º de primaria. Impartido pola Asociación de Técnicos e Técnicas de Emerxencias de Galicia (ASGATE). Participaron 20 alumnos e alumnas, que amosaron gran interese e implicación tanto nas explicacións teóricas coma na realización dos diversos exercicios prácticos, como se pode observar na fotografías, e que consistiron en:

–     Qué información é esencial facilitar ao chamar ao 061 (teléfono para urxencias sanitarias): qué decir, que lle ocurre a persoa, ónde está, non colgar, nin bloquear no teléfono.

–     Cómo tratar a unha persoa que está tumbada/caída no chan, cómo facer a posición lateral de seguridade

–     Cómo facer cando se produce unha obstrucción de vía aérea por corpo extrano, maniobra de Heimlich (compresión abdominal)

–     Cómo se fai a maniobra de reanimación cardiopulmonar mentras se espera pola chegada dos dispositivos de emerxencias sanitarias (masaxe cardíaca)

Tamen amosaron curiosidade en coñecer que é o que hai que estudar para ser técnicos/as de emerxencia sanitarias

Neste taller, os voluntarios/as de ASGATE, tamén traballaron co alumnado sobre os estereotipos de xénero existentes na sociedade asociados ao seu desempeño laboral como profesionais en dispositivos de atención a emerxencias sanitarias, e sensibilizaron sobre a masculinización e feminización dos roles profesionais no seu ámbito laboral.

Este taller forma parte do programa “DIFERENTES PERO IGUAIS 2022”, financiado a través do procedemento SI449B- Axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero, da Secretaria Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia e cofinanciada con Fondos finalistas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Desde a ANPA, queremos agradecer moi especialmente esta colaboración aos compañeiros e compañeiras de ASGATE, por adicarnos horas do seu tempo persoal e de descanso. Tamén agradecer a implicación da dirección do centro e do profesorado de educación física que participou no taller.

Este taller forma parte do Programa “DIFERENTES PERO IGUAIS 2022”. Financiado a través do procedemento SI449B – Axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero, da Secretaria Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia e cofinanciada con Fondos finalistas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Pódeche interesar...