O martes día 8, asistiron unha quincena de persoas (familias e profesorado do centro) a charla divulgativa e sensibilización sobre a “PREVENCIÓN E DETECCIÓN DAS VIOLENCIAS MACHISTAS”, a cargo de José Ángel Ruibal Pérez, criminólogo e Ex-Inspector Principal da Policía Local (Grupo de protección de víctimas de violencia de xénero), e axente de igualdade.
A charla iniciouse co visionado do video da campaña ‘#Notepierdas. Sin libertad no hay amor’. Unha vez analizado e comentado o mesmo, clarificouse en que consisten os roles sexistas atribuídos as mulleres e os homes nesta sociedade patriarcal, como así coma os roles de xénero contribuén a desigualdade entre os homes e as mulleres, e ésta deriva no machismo, e a súa vez, éste é o sustrato da violencia de xénero. Explicouse en que consiste o ciclo da violencia de xénero e tamén con visionado de diversos videos: “lua de mel”, “acumulación de tensión”, e “explosión violenta”, así como os diferentes da niveis da prevención, e as pautas e conductas de alerta/ou en situación de risco que se poden observar nos nosos fillos/as, se están padecendo unha situación de acoso ou maltrato, e finalizouse cos protocolos existentes de atención a menores.
No debate que se produxo, as persoas participantes manifestaron a necesidade de seguir traballando en concienciar e sensibilizar sobre os “micromachismos”, así como no preocupante aumento de situacións de control/sumisión que a mocidade normaliza como parte dunha distorsión da vida en parella e do amor romántico: “o home canto mais macho/dominante mellor, fronte a muller sumisa e vulnerable”; Tamén nas complexidades de educar no día a día, cando a exposición e influencia das redes sociais na maneira de relacionarse entre a mocidade, non só, estan a condicionar o desenvolvemento e crecemento psicolóxico e madurativo dos nosos fillos e fillas.
Esta charla forma parte do Programa “DIFERENTES PERO IGUAIS 2022”. Financiado a través do procedemento SI449B – Axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero, da Secretaria Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia e cofinanciada con Fondos finalistas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.