A finalidade do mesmo é achegar un recurso útil dirixido tanto ás familias, ao profesorado e público en xeral, no que se abordarán diferentes contidos para aumentar a concienciación dixital e previr posibles situacións de acoso aos/ás menores usuarios/as.
Daranse unha serie de recomendacións pedagóxicas sobre como abordar diferentes riscos que poden aparecer na internet e de como concienciar aos/ás menores dun uso responsable das redes sociais.
Obxectivos
- Dotar ás persoas participantes de recursos que sirvan para concienciar aos/ás menores dos perigos que poden derivarse do o uso das novas tecnoloxías.
- Adquirir coñecementos co obxectivo de diminuír a vulnerabilidade dos/as menores ante as novas tecnoloxías.
- Sensibilizar sobre as consecuencias psicolóxicas que ten o ciberbulliyng nos/as menores.
- Fomentar que tanto os/as menores como as familias procuren axuda cando estean nunha situación dixital comprometida ou incómoda.
Contidos a traballar:
- Navegación segura na internet. Enganos por Internet, exposición dos/as menores a contidos inadecuados e xestión sobre os datos persoais que publican na rede.
- Ciberbullying e outras formas de acoso na rede: Sexting, sextorting, grooming… análise da problemática e cuestións de xénero como identificalo e actuar fronte a el.
- Lexislación penal vixente sobre o tema
- Protección do equipo, no que se tratará a protección dos datos privados do computador persoal e a identidade dixital.
Imparte Anias Formación e Xestión Sociocultural, e ambas docentes contan cunha ampla experiencia neste eido. De modo resumido vos indicamos os seus curruculums:
Yolanda Rodríguez é Licenciada en Comunicación Audiovisual. Compaxina a docencia en Formación Profesional con seu traballo como técnica de son e locutora de radio. Imparte formación sobre dieta audiovisual e curación de contidos para pais/nais e adolescentes. Conta ademáis cunha dilatada experiencia como titora académica e profesional de adolescentes.
Paula Rodríguez e Psicóloga Xeral Sanitaria Experta en Adolescencia, Trastornos da Conducta, Aprendizaxe e Tdah. Experta en redes sociais e novas formas de Violencia na Rede e conta ademais cunha dilatada experiencia como formadora para diferentes institucións coma o servizo público de emprego, oficinas municipais de información xuvenil, e academias privadas. Ademáis leva máis de 4 años impartindo diferentes escolas de familias, así coma formacións para a actualización de profesionais da educación e a sanidade. Na actualidade dirixe o Gabinete Psicolóxico PersonalMind, é locutora de Radio en Onda Cero Vigo, subdirectora do Campus Politécnico Aceimar e Responsable de Orientación da Institución Educativa Aceimar.
Este taller forma parte do Programa “DIFERENTES PERO IGUAIS 2022”. Financiado a través do procedemento SI449B – Axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero, da Secretaria Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia e cofinanciada con Fondos finalistas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.