Actividades

Talleres de Radio Teatralizados e Defensa Persoal Femenina

O martes 15 e mércores 16 de outubro ímos celebrar no noso centro os TALLERES DE REANIMACIÓN CARDIOPULMONAR, nos grupos de 4º, 5º, e 6º de primaria. Serán impartidos pola Asociación de Técnicos e Técnicas de Emerxencias de Galicia (ASGATE).

Consistirán en explicacións conceptuais coma na realización dos diversos exercicios prácticos:

–        Qué información é esencial facilitar ao chamar ao 061 (teléfono para urxencias sanitarias): qué decir, que lle ocurre a persoa, ónde está, non colgar, nin bloquear no teléfono.

–        Como tratar a unha persoa que está tumbada no chan (posición lateral de seguridade), e como facer cando se produce unha obstrucción de vía aérea por corpo extrano.

–        Como facer a maniobra de reanimación cardiopulmonar mentras se espera pola chegada dos dispositivos de emerxencias sanitarias.

Estes talleres forman parte das actividades do programa “Talleres de Radio Teatralizados e Defensa Persoal Femenina”, financiado a través do procedemento SI449B – Axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero, da Dirección Xeral de Promoción da Igualdade da Xunta de Galicia e cofinanciada con Fondos finalistas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Estas actividades realízanse pola subvención que solicitou e xestiona a Anpa e que coorganiza xunto coa dirección e profesorado do centro.

Desde a ANPA, queremos agradecer moi especialmente esta colaboración aos compañeiros e compañeiras de ASGATE, por adicarnos horas do seu tempo persoal e de descanso despois de vir de traballar dos seus respectivos turnos.

You may also like