Actividades Charlas

Talleres de Defensa para Mulleres

Iniciamos o próximo martes 5 de novembro os Talleres de Defensa para Mulleres, que forman parte do Programa: “Talleres de Radio Teatralizados e Defensa Persoal Femenina”.
 
Estas actividades están financiadas a través do procedemento SI449B – Axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia coa finalidade de  potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero, da DIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE da Xunta de Galicia, Operación cofinanciada con Fondos finalistas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
 
Son talleres impartidos polo persoal técnico especializado nesta temática do Clube Taekanart de Taekwondo, temos prazas limitadas e unha oportunidade!!!!: 
 
A Defensa Persoal para a Muller (DPM), do Club de Taekwondo Taekanart é un instrumento de formación e aplicación física que comprende un conxunto de coñecementos, actitudes, habilidades e técnicas corporais que lle van a permitir as participantes prever, avaliar, saber que facer e como consecuencia actuar ante situacións de ameaza, conflito ou agresión.
Secundariamente a este coñecemento servirá mesmo para realizar labores de información, axuda ou protección a terceiras persoas. En relación con situacións de elevada presión ou risco e tamén como prevención ou axuda en Violencia de xénero, esta DPM trata de axudar á muller para superar os seus medos reforzando a súa autoestima, valía e propio recoñecemento dotándolle á vez de poder e medios para actuar, enfrontarse, no seu caso, e saír indemne.
Nas diferentes sesións achegarase información e adestramento en como introducir estratexias de prevención na súa vida cotiá (das mulleres) aprendendo a detectar, localizar, e avaliar situacións de risco. Tendo unha visión de conxunto: .- Observación de saídas
.- Elementos da contorna que sirvan de protección e/o defensa
.- Traballar exercicios que aporten autoconfianza, seguridade persoal e desenvolvan a intuición, anticipación, capacidade de reacción…etc, a actitude mental, postural, desenvolvemento da mobilidade corporal, e capacidades de anticipación, esquivar, evasión, capacidade de toma de decisións e iniciativa ou reacción ante ameaza ou agresión.

You may also like