Actividades Extraescolares

Actividade extraescolar: Playing English curso 2025-26

Dende a ANPA O Areeiro informamos de que xa está aberto o prazo de inscrición para a actividade Playing English, clases de inglés dirixidas a alumnado de Infantil e Primaria para o curso 2025-26.

En que consiste?

  • Clases de inglés dende os 4 anos, con grupos reducidos e formación adaptada ao nivel.

  • Preparación para exames oficiais de Trinity College London (desde 2º de Primaria) e Cambridge (desde 4º de Primaria).

  • Seguimento continuo: boletíns trimestrais e posibilidade de consulta individual coa responsable do proxecto lingüístico.

  • En Infantil (4 e 5 anos) o inglés apréndese a través de xogos, cancións e contos, sementando o bilingüismo de forma natural.

Horarios e centros

As clases desenvolveranse de outubro a xuño, coincidindo co calendario escolar.

  • CEP Campolongo: luns e mércores (16:30-17:30 / 17:30-18:30)

  • CEIP Froebel: luns e mércores (16:30-17:30 / 17:30-18:30)

  • CEIP Álvarez Limeses: martes e xoves (16:30-17:30 / 17:30-18:30)

  • CEIP Villaverde: luns e mércores (16:00-17:00 / 17:00-18:00)

Cotas mensuais

  • 4º e 5º de Infantil (1 día/semana, 1h): 25 € familias socias / 31 € non socias.

  • 6º de Infantil e 1º a 6º de Primaria (2 días/semana, 1h cada día): 40 € familias socias / 46 € non socias.

As cotas domiciliaranse na primeira semana de cada mes.

Reunión informativa

As familias interesadas poden asistir á reunión que terá lugar o martes 16 de setembro ás 19:00h na sede da FANPA (Rúa San Guillerme 9, Baixo, Pontevedra).

Inscricións e máis información

  • Teléfonos: 611 004 877 · 649 346 457 · 685 535 202

  • Correo: playingenglish@anias.es

  • Solicita o formulario ou inscríbete directamente escaneando o código QR dispoñible no cartel da actividade.

DESCARGA AQUÍ O FOLLETO: PLAYING ENGLISH Curso escolar 2025-26

You may also like