Actividades

Conta contos: A princesiña que conducía unha locomotora, para 1ª e 2º.

O lunes 10 de novembro teremos este maravilloso conta conto a cargo da escritora Clara Do Roxo nos cursos de 1º e 2º primaria.

A sinopse do mesmo e: “Nun reino moi afastado, deses que sempre hai nos contos e nunca se sabe onde están, mais sabemos que están nalgures, unha princesa non quixo casar cun príncipe azul, non quixo gobernar inxustamente e dun xeito tiránico un reino, non disfrutou coas loitas e guerras de poder, non quixo ser a máis fermosa do reino, simplemente, nese reino tan afastado, mais tan próximo, a princesiña Marisela non quixo ser raíña, quixo ser condutora de locomotora”.

O alumnado participante traballarán valores tan importante coma a tolerancia, o respecto, o afán de superación, a xustiza, a paz, a igualdade de oportunidades e a educación non sexista, valores tan esenciais no crecemento e desenvolvemento dos nosos nenos e nenas.

Esta actividade forma parte do programa: “Medrando en Igualdade”, a través do cal estansen a celebrar obradoiros e charlas en materia de detectar micromachismos, estereotipos de género, entender e coñecer en que consiste a ciberseguridade, cales son as novas formas de violencia na rede, ferramentas educactivas desde a familia para afrontalas…etc . Todas estas actividades están financiadas pola Dirección Xeral de Promición da Igualdade da Xunta de Galicia e cofinanciada con Fondos finalistas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero. Subvención solicitada e xestionada pola Anpa en colaboración coa Dirección do Centro, Anias Formación e PersonalMind.

Biografía da autora:

Clara do Roxo

Filla de emigrantes galegos nacida en Caracas, Clara do Roxo volveu a Galicia con dez anos de idade, viviu en Tui, Mos e O Porriño e na actualidade reside en Vigo. Licenciada en Xeografía e Historia, especializouse en Escritura e Narración e realizou diversos estudos sobre o acoso laboral, escolar, a integración e os problemas nas aulas, os conflitos bélicos e o maltrato, temas que procura deixar á vista na súa escrita.

Escribe dende moi nova, pero non foi ata o ano 2008 que comezou a facelo coma unha necesidade persoal, procurando poñer de relevo na narrativa de ficción as diversas problemáticas que agroman dentro da sociedade actual, a violencia de xénero, as enfermidades mentais, os acosos, a guerra ou a inxustiza social. Acadou diversos premios na modalidade de relatos para adultos como o Manuel Murguía (2011 y 2024), Mulleres Progresistas (2008 y 2014), Cultura Quente(2009), Concello de Mugardos (2020), accésits do Modesto Figueiredo (2010 y 2013), Catro a Catro (2011), Dillo a quen maltrata (2014), Manuel Oreste(2011) e tamén con novela, resultando finalista no Torrente Ballester en lingua galega (2018). Premio Círculo “Cultura” 2024.

No ano 2012 edita a novela infantil A princesiña que conducía unha locomotora con Editorial Galaxia, coa que tentou rachar todos os estereotipos de xénero co personaxe dunha rapaza que non entraba dentro dos canons tópicos femininos. E a partir de entón continúa a publicar novelas infantís, xuvenís ou para adultos, todas elas alicerzadas na emoción e na visibilidade: A mamá que perdeu as cóxegas, Sombras no Ensanche, Actrices Secundarias, Mar e a pantasma das treboadas e A raposa muiñeira. E tamén chegan as publicacións colectivas: O Libro dos Reis Magos, Obras breves de imaxinación, Aliterarte, Escolma aberta, Creadores na Reserva, A forza e a firmeza do traballo, Oroza 100 e compilacións de relatos premiados.

No ano 2014 crea o obradoiro de escrita creativa Aliteraclara, no que tenta inspirar ao alumnado con obras plásticas de artistas de tódolos tempos nun intento de mesturar arte e literatura, as súas dúas paixóns. Dese xerme parte a Escola de escrita creativa en lingua galega Aliteraclara, que Clara do Roxo dirixe e na que imparte obradoiros en liña e presenciais que combina con talleres no Portal del Escritor a partir do 2017.

Dende 2015 preside a Asociación Cultural CatroPatacos, que tenta poñer en valor a lingua e a cultura galega por medio de obradoiros, certames literarios, publicacións e actuacións nas que entrelazan a escrita coa música, a pintura ou a fotografía. Coordina tamén dende entón as coleccións de libros do proxecto da AC CatroPatacos, Historias para coñecermos…, do que xa se publicaron xunto con Editorial Elvira once novelas de Historias para coñecermos Vigo e dez de Historias para coñecermos Pontevedra, proxecto vivo que continuará en diversas vilas galegas, na actualidade está en marcha Historias para coñecermos Lugo.

E Clara do Roxo escribe, escribe, escribe…

You may also like