Actividades

Taller Coa Lupa no noso mundo: tras as pistas de Mr. Machismo:

 
O mércores 29 celebraremos nos niveis educativos de 3º e 4º de primaria este taller coa psicóloga sanitaria Paula Rodríguez. A través do mesmo o alumnando converteranse en detectives que terán que ir localizando, a través de diferentes situacións, as pisadas do gran vilán “Mr Machismo”. Detectaranse os micromachismos na propia linguaxe, en carteis de publicidade, as mensaxes das cancións que escoitan e os videoxogos aos que xogan, etc., traballando o ciclo de captación groomer con formas de violencia. Cómpre sinalar que todo este material está deseñado e posta en práctica por Paula Rodríguez, co cal esta moi adaptado en metodoloxías e conceptos a traballar ao alumnado ao que vai dirixido.
 

Estos obradoiros están financiados a través das Axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero, DIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE, da Xunta de Galicia Operación cofinanciada con Fondos finalistas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, subvención solicitada e xestionada pola Anpa do colexio.

You may also like