A través dos talleres “Coa Lupa no noso Mundo” os alumnos e alumnas de primaria converteranse en detectives que terán que ir localizando, a través de diferentes situacións, as pisadas do gran vilán “Mr Machismo”. Detectaranse os micromachismos na propia linguaxe, en carteis de publicidade, as mensaxes das cancións que escoitan e os videoxogos aos que xogan, etc., traballando o ciclo de captación groomer con formas de violencia.
Estos obradoiros están financiados a través das Axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero, DIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE, da Xunta de Galicia Operación cofinanciada con Fondos finalistas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.