Ludotecas

Conciliaverán 2025

Conciliaverán é un programa para facilitar a conciliación laboral e a atención aos fillos que se desenvolve en época estival, organizado pola Federación Provincial de ANPA de Centos Públicos de Pontevedra, entidade sen ánimo de lucro do sector educativo e membro da comunidade escolar en colaboración coa Concellaría de Educación do Concello de Pontevedra, destinado a nenas e nenos de 3 a 12 anos (infantil e primaria) e que cubre todo o período de vacacións escolares, de xuño a setembro.

>> Para Secundaria ofreceremos o campamento deportivo no mes xullo

 

PRAZOS DE INSCRICIÓN PARA LUDOTECAS

  • Presencial: no local da FANPA (Xan Guillermo, 9 – Pontevedra): os días 15, 16, 19 e 20 de maio de 9:00 a 14:00 horas. Poranse ordenadores e persoal a disposición para poder realizar a inscrición.
  • Vía telemática: dende as 9:00 horas do 15 de maio ata ás 14:00 horas do 20 de maio.
    Non se admitirán solicitudes por correo electrónico nin fóra dese tramo horario.

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS

No caso de que a demanda sexa superior ás prazas existentes farase unha baremación ces seguintes
criterios:
Situación escolar:

  • Colexio público do concello de Pontevedra (12 puntos).
  • Socio/a de ANPA do concello de Pontevedra federada na FANPA (1 O puntos).

Situación socio-familiar:

  • Alumnos/as empadroados no concello de Pontevedra (6 puntos).
  • Dous ou máis fillos/as matriculados na mesma ludoteca e quenda (2 puntos).

Situación laboral

  • Familia con dous proxenitores en situación laboral activa (20 puntos).
  • Familia onde sé un proxenitor estea en situación laboral activa (1 O puntos).
  • Familia monoporental en situación laboral activa (20 puntos).En caso de empate de puntuación, adxudicarase a praza primeiro por socio/a de ANPA do concello de Pontevedra federada na FANPA, despois por centro público e por último, por orde de inscrición.
    O 10% das prazas están reservadas a Servizos Sociais do Concello.

You may also like