Actividades Ludotecas

Conciliaverán 2026

Conciliaverán é un programa para facilitar a conciliación laboral e a atención aos fillos que se desenvolve en época estival, organizado pola Federación Provincial de ANPA de Centos Públicos de Pontevedra, entidade sen ánimo de lucro do sector educativo e membro da comunidade escolar en colaboración coa Concellaría de Educación do Concello de Pontevedra, destinado a nenas e nenos de 3 a 12 anos (infantil e primaria) e que cubre todo o período de vacacións escolares, de xuño a setembro.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

  • Presencial: no local da FANPA (Xan Guillermo, 9 – Pontevedra): os días 4, 5, 6, 7 e 8 de maio
    de 9:00 a 14:00 horas. Poranse ordenadores e persoal a disposición para poder realizar
    a inscrición.
  • Vía telemática: dende as 9:00 horas do 4 de maio ata ás 14:00 horas do 8 de maio.
  • Non se admitirán solicitudes por correo electrónico fóra dese tramo horario.
  • ADXUDICACIÓN DE PRAZAS:
  • No caso de que a demanda sexa superior ás prazas existentes farase unha baremación cos seguintes
    criterios:
  • Situación escolar:
  • Colexio público do concello de Pontevedra (12 puntos).
  • Socio/a de ANPA do concello de Pontevedra federada na FANPA (1 O puntos).
    Situación socio-familiar:
  • Alumnos/as empadroados no concello de Pontevedra (6 puntos).
  • Dous cu máis fil los/as matriculados na mesma ludoteca e quenda (2 puntos).
    Situación laboral:
  • Familia con dous proxenitores en situación laboral activa (20 puntos).
  • Familia onde sé un proxenitor estea en situación laboral activa (1 O puntos).
  • Familia monoporental en situación laboral activa (20 puntos).
    En caso de empate de puntuación, adxudicarase a praza primeiro por socio/a de ANPA do concello de Pontevedra federada na FANPA, despois por centro público e por último, por orde de inscrición.
    O 1 0% das prazas están reservadas a Servizos Sociais do Concello.
CONCILIAVERAN-2026-TRIPTICO-COMPLETO

You may also like