O mércores 12 e 19 de novembro o alumnado de 5º e 6º primaria participan no Obradoiro de Podcast Teatralizado a cargo de Fernando Barros Fernández, especialista en técnicas de teatro e comunicación, da empresa Anias Formación e Xestión Sociocultural da cidade de Pontevedra.
Esta actividade ten como finalidade que o alumnado participante realice un podcast teatralizado sobre igualdade, que sirva para estimular o seu pensamento crítico e social ao tempo que se traballan contidos propios do teatro como o quecemento e proxección da voz e a interpretación de textos, de forma lúdica e participativa. Os contidos son: coñecementos previos do alumnado sobre igualdade de xénero e diversidade, breve debate para ampliar coñecementos sobre igualdade, técnicas e estratexias comunicativas para a radio e o proceso de creación dun Podcast .
Esta actividade forma parte do programa: “Medrando en Igualdade”, a través do cal estansen a celebrar obradoiros e charlas en materia de detectar micromachismos, estereotipos de género, entender e coñecer en que consiste a ciberseguridade, cales son as novas formas de violencia na rede, ferramentas educativas desde a familia para afrontalas…etc . Todas estas actividades están financiadas pola Dirección Xeral de Promoción da Igualdade da Xunta de Galicia e cofinanciada con Fondos finalistas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero. Subvención solicitada e xestionada pola Anpa en colaboración coa Dirección do Centro, Anias Formación e Xestión Sociocultural, e PersonalMind.