Actividades

Bases completas do XV Certame “Deseña unha xoia para a túa nai”

A Federación Galega de Xoieiros, en colaboración co COXGA, convoca a XV edición do Certame “Deseña unha xoia para a túa nai”, unha iniciativa que busca fomentar a creatividade dos máis pequenos e achegalos ao mundo da xoiería.

Este concurso está dirixido a nenas e nenos de Galicia de ata 12 anos, divididos en catro categorías segundo a súa idade. Os participantes deberán debuxar o deseño dunha xoia especial para as súas nais, que poderá converterse en realidade grazas ao traballo de xoieiros profesionais.

Un xurado especializado seleccionará os mellores deseños atendendo á súa creatividade, viabilidade e orixinalidade. Os gañadores recibirán como premio a súa xoia feita realidade, que lles será entregada antes do Día da Nai. Ademais, recoñecerase o labor dos centros educativos, ANPAS ou obradoiros que máis fomenten a participación.

A partir do 21 de febreiro de 2025, estarán dispoñibles os dípticos de participación nas webs da Federación Galega de Xoieiros (www.fgxoieiros.es) e do COXGA (www.coxga.es). Os debuxos poderán entregarse ata o 30 de marzo de 2025 en establecementos colaboradores ou nas sedes organizadoras en Santiago de Compostela.

A entrega de premios celebrarase o sábado 26 de abril de 2025, nun acto especial onde se darán a coñecer os deseños gañadores.

Para máis información, consulta as bases completas en www.fgxoieiros.es e www.coxga.es. ¡Anímate a participar e crea unha xoia única para a túa nai!

CONSULTA AS BASES COMPLETAS

CONCURSO DESEÑA UNHA XOIA convocatoria-ddn-2025-ok

You may also like