Actividades

Obradoiros de Podcast teatralizado – Falemos de Igualdade

Os días 13 e 21 de novembro celebraremos os obradoiros de Podcast Teatralizados no noso colexio. Esta actividade ten como finalidade que o alumnado de 5º a 6º de Educación Primaria realice   un podcast teatralizado sobre igualdade, empregando como recurso o laboratorio de radio existente no centro.  Co obxetivo de estimular o seu pensamento crítico e  social ao tempo que se traballan contidos propios do teatro como o quecemento e proxección  da voz e a interpretación de textos, de forma lúdica e participativa.

Estos obradoiros están financiados a través das Axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero, DIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE, da Xunta de Galicia Operación cofinanciada con Fondos finalistas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

 

CONTIDOS

–        Coñecementos previos do alumnado sobre igualdade de xénero e diversidade

–        Breve debate para ampliar coñecementos sobre igualdade

–        Técnicas e estratexias comunicativas para radio

–        Proceso de creación dun Podcast

–        Reflexións finais

You may also like