Charlas

Taller de Reanimación Cardio Pulmonar para Sexto

Contamos coa colaboración da Asociación de Técnicos e Técnicas de Emerxencias de Galicia (ASGATE),  através de talleres de reanimación cardiopulmonar, para levar a cabo accións de sensibilización cos obxectivos de:
  • Informar e formar sobre os estereotipos de xénero asociados ao desempeño laboral como profesionais en dispositivos de atención a emerxencias sanitarias.
  • Concienciar sobre a masculinización e feminización dos roles profesionais no se seu ámbito laboral.
  • Ensinar e adiestrar no manexo de soporte vital básico centrado na obstrucción de vía aérea por corpo extraño e na posición lateral de seguridade desde a perspectiva de xénero.

Este taller forma parte do Programa “DIFERENTES PERO IGUAIS 2022”. Financiado a través do procedemento SI449B – Axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero, da Secretaria Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia e cofinanciada con Fondos finalistas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Pódeche interesar...